CENTRO DE DÍA DIGNIDADE ABEIRO

É un Centro de Atención de Día, Colaborador da Consellería de Traballo e Benestar dá Xunta de Galicia, para a atención integral de menores en idades comprendidas entre os 0 a os 18 anos.

As características da poboación atendida son:

  • Menores en situación de risco ou desamparo que por diferentes circunstancias sociofamiliares e persoais non poidan, polo menos temporalmente ver cubertas todas as súas necesidades tanto materiais, afectivas, educativas, etc. no seo da súa propia familia.
  • Familias que presentan algunha disfunción que dificulta o exercicio das súas funcións parentales e que, como consecuencia, pode comprometer o adecuado desenvolvemento do neno/a ou adolescente.
  • Familias que afrontan unha crise evolutiva para as cales o Programa de Atención de Día pode funcionar como un elemento colector e/ou protector.
  • Familias que precisan un respiro, así como apoio na atención dos seus fillos, dadas as características e o comportamento actuais destes.

Este centro desempeña este labor desde setembro do ano 1999.