AXUDA SOCIAL

Dignidade Lugo conta cun programa de axuda a os máis necesitados que se fundamenta na cobertura das necesidades primarias de alimentación, vestido e condicións mínimas de habitabilidade da vivenda, con varios eixos de intervención: procura de emprego, vivenda, programa de alimentos así como un piso de acollida temporal para persoas sen recursos.

Dignidade Lugo realiza desde o ano 2004 a repartición de alimentos (Plan de axuda CE ás persoas máis necesitadas do Reino de España), sendo a única entidade que fai repartición a familias na cidade de Lugo.