POLÍTICA DE CALIDADE

Dignidade Lugo quere proporcionar servizos que satisfagan as necesidades dos clientes e os requisitos legais e regulamentarios aplicables; a través da aplicación do Sistema de Xestión da Calidade ISO 9001.

Dignidade Lugo comprométese coa mellora continua e coa satisfacción nos seguintes termos:

• Con respecto aos nosos usuarios.
- Comprometémonos coas persoas e cos seus retos.
- Proporcionar apoio emocional, orientación e competencia educativa familiar.
• Con respecto aos nosos colaboradores.
- Dotar de información obxectiva e útil.
- Coordinación institucional para mellorar a intervención
- Deseño de proxectos viables, eficaces, eficientes, ofrecendo transparencia na xestión.
• Con respecto aos recursos humanos da propia entidade.
- Proporcionar ferramentas necesarias para construír coñecemento que optimice a intervención do persoal.
- Fomentar un ambiente ilusionante de traballo a través da conciliación da vida familiar e laboral.
- Favorecer o desenvolvemento das capacidades persoais e talentos.