CASA DE FAMILIA DIGNIDADE LUGO

A Casa de familia DIGNIDADE LUGO, é un centro colaborador da Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia, para a atención integral de menores en situación de risco ou desamparo de idades comprendidas entre os 0 e 18 anos.

A Casa de familia é un recurso temporal con capacidade para 8 prazas, que ten como finalidade exercer como medida de protección destinada a aqueles nenos/as que non poden permanecer nos seus fogares.

Se lles proporciona un lugar de residencia e convivencia que cumpra co cometido dunha axeitada satisfacción de necesidades de protección, educación e desenvolvemento.

Este centro leva apoiando a nenos/as e adolescentes dende febreiro do 2010.