CIEMA LUGO

O Centro de Intervención en Medio Aberto "CIEMA LUGO", é un Centro Colaborador da Consellería de Traballo e Benestar dá Xunta de Galicia, para a atención integral de menores infractores no medio aberto segundo o desenvolvemento da Lei Orgánica 5/2000 e Lei Orgánica 8/2006 pola que se modifica a anterior orde.

As medidas xudiciais que desenvolve son as seguintes:

  • Tratamento Ambulatorio
  • Asistencia a Centro de Día
  • Permanencia de fin de semana en domicilio
  • Liberdade Vixiada
  • Convivencia con outra persoa, familia ou grupo educativo
  • Prestacións en Beneficio da Comunidade
  • Realización de Tarefas socioeducativas

Este centro leva intervindo con adolescentes en conflito social desde setembro do ano 2000.