Grupo DILL corresponde a un tipo de empresa denominada de Inserción Laboral, englobada en diferentes actividades económicas de produción de bens ou prestación de servizos e cuxo obxecto social ten como fin a integración e formación sociolaboral de persoas en situación de exclusión social como tránsito ao emprego ordinario.

O ámbito de actuación ademais de dirixirse a todo tipo de persoas desempregadas en situación ou risco de exclusión social, concretarase nos usuarios dos centros tutelados pola entidade promotora e máis especificamente nos menores e mozos internos, que teñan a idade laboralmente establecida, poidan exercer o seu dereito a un traballo remunerado e ás prestacións sociais que legalmente lles corresponden, coa finalidade esencial de lograr a súa inserción social e a súa incorporación ao mercado de traballo.

A estes efectos a práctica laboral complementarase con cursos de formación ocupacional ou outros programas que melloren a súa competencia e capacidade laboral e favorezan a súa futura inserción laboral.

www.grupodill.es