INTERVENCIÓN TERAPÉUTICA

A través da seguinte abordaxe terapéutica:

EMDR: é unha terapia innovadora, validada cientificamente, que acelera o tratamento dun amplo rango de patoloxías fóbicas e traumáticas. A abordaxe descuberta e desenvolvido desde 1987 pola Dra. Francine Shapiro, consiste en usar estimulación Bilateral nun protocolo especial, relacionado coas situacións traumáticas que desencadea a desensibilización e consecuente reproceso das mesmas, acompañado da desaparición da sintomatoloxía.

BRAINSPOTTING: é un novo enfoque de tratamento que propón que o campo visual, pode servir para localizar posicións oculares, que correlacionan de xeito relevante coa experiencia neuronal e emocional interna. Unha vez localizadas estas posicións oculares, ou Brainspots (puntos cerebrais), poden levar, a través do mantemento da fixación ocular á resolución de asuntos profundamente almacenados nas áreas non verbais, non cognitivas do cerebro.

PLAY OF LIFE: é unha metodoloxía práctica, deseñada para incidir de xeito rápido no cambio positivo transformacional de individuos, familias, equipos e organizacións. Play of Life permite á xente representar situacións, sentimentos e obxectivos tridimensionalmente; indo máis aló de descricións verbais e explicacións, para literalmente "ver" relacións e situacións con claridade.