MISIÓN.

Somos unha ONL que traballa con persoas de face ao futuro a través de programas e proxectos creativos e innovadores para propiciar o cambio a través do bo trato e a dignidade humana.

VISIÓN.

  • Ofrecer servizos especializados e innovadores na atención a persoas (menores/adolescentes/nenos e ás súas familias).
  • Fomentar a autonomía das persoas para que poidan ter unha vida máis plena, e sentan parte da sociedade e comunidade.
  • Crear redes sociais, coñecemento e formación.
  • Estrutura consolidada, independente, económica e funcionalmente.
  • Calidade na xestión dos recursos a través da profesionalización na intervención.
  • Equipo multi-disciplinar altamente cualificado (ilusión, motivación) que a través da mellora continua, aborda os diferentes retos dunha sociedade en continuo cambio.
  • Xestar redes sociais, sinerxías e ilusión.
  • Contribución positiva á sociedade, actuando cun compromiso de cidadanía global.